Bo día.
Informámosvos que o formulario do programa Cóxegas para o mes de setembro xa está aberto.
O prazo de inscrición é dende hoxe 31 de agosto ata o domingo 4 de setembro (incluído)
Web para a inscrición en www.fedapascoruna.org/
Cota do programa: 15€ por participante. Ademáis todos os escolares deberán abonar 4€ en concepto de seguro de accidentes
Os escolares beneficiarios de beca comedor no presente curso, estarán exentos do pago da cota do programa (15€), aunque deberán abonar o seguro de accidentes (4€)
Condicións do programa: A oferta desde programa plantéxase en función dos seguintes tramos de idade:
· Educación Infantil (4º, 5º e 6º curso)
· Educación Primaria (1º ao 6º curso)
Para a posta en marcha do programa requerirase un mínimo de 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20 desdoblarase o grupo
Horario: Dende o xoves 8 de setembro ata o venres 30 de setembro, de luns a venres, das 16:00 as 18:00 h. O horario de asistencia será o elexido por cada participante no formulario de inscrición.
Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00 h. (sí a saída, sempre e cando o participante teña marcada esa opción na inscrición).
Para calquera dúbida estamos á vosa disposición
Un cordial sáudo
Federación Prov. ANPAs. Centros Públicos
R/ Orzán, 21
15001 A Coruña
Tfno.: 698 158 503